Pontevedra e o COAG, da man para axilizar as licenzas urbanísticas

PONTEVEDRA> Pontevedra quere axiliza-los seus trámites urbanísticos. Esta mañá, o Concello e a delegación na cidade do Colexio de Arquitectos de Galicia asinaron un convenio de colaboración para xestionar dun xeito máis áxil e transparente as licencias urbanísticas. Ambas partes empregarán unha plataforma virtual para que a información coa que se traballa sexa sempre a mesma.

Para que nunca falte un documento e para que a información sexa transparente e clara. O concello de Pontevedra e a delegación na cidade do Colexio de Arquitectos de Galicia asinaron hoxe un convenio de colaboración para axiliza-las licencias urbanísticas. O obxectivo é que toda a documentación necesaria para solicitar un permiso chegue antes a urbanismo. A través dunha plataforma, os proxectos serán visados de forma dixital, sen ter que presenta-los de xeito presencial no Concello.

Con isto garántese que a información sexa sempre a mesma, incrementando a transparencia e axilizando os trámites para a cidadanía.

Tanto o goberno local como o colexio de Arquitectos agardan unha axilización das licenzas urbanísticas na cidade, grazas á posta en marcha deste convenio.

Uns e outros entenden tamén que este convenio demostra o seu compromiso pola modernización da administración, coa implementación de ferramentas que aproveitan as vantaxes das novas tecnoloxías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí