PONTEVEDRA> O Partido Popular reclama ao Goberno central ampliar os fondos do programa DUS 5000 para cubrir todos os proxectos presentados. Segundo os datos da formación, 27 iniciativas da provincia pontevedresa quedaron excluídos por falta de cartos. O PP transformará esta solicitude nunha moción que levará ao vindeiro pleno da Deputación de Pontevedra para buscar a complicidade de PSOE e BNG.
O Partido Popular reclama máis fondos para o programa DUS 5000. Unha iniciativa deseñada para que o Goberno Central canalizara os fondos europeos que recibiu para paliar os efectos da covid19. O obxectivo era dar un impulso ao Desenvolvemento Urbano Sostible nos municipios de reto demográfico.
Segundo os populares, 27 proxectos da provincia pontevedresa quedarían excluídos. Intervencións dirixidas, por exemplo, a mellorar a eficiencia enerxética de edficios públicos, a fomentar os investimentos verdes ou a redución da contaminación lumínica.
O PP transformará esta solicitude nunha moción que levará ao vindeiro pleno da Deputación para buscar a complicidade do PSOE e do BNG. Ambas formacións xa votaron en contra na comisión informativa.
Entre os proxectos que quedarían sen fondos hai seis da propia Deputación, tres do concello de Moraña, dous de Sanxenxo e un dos municipios da Illa, Meis, Cuntis e Pontecesures.