PONTEVEDRA> Pontevedra exhibirá a súa pluma no Orgullo LGTBI deste ano. O rexeitamento á plumofobia será o eixo condutor dun programa de actividades que tivo que adaptarse ó coronavirus. Entre as propostas desta edición, un San Xoán Travesti e un Contacontos Diverso no Gastroespazo do Mercado de Abastos.
O coronavirus non pode co Orgullo de Pontevedra. Os grandes eventos tiveron que cancelarse, pero o seu espírito continúa cun programa diverso.
O rexeitamento á plumofobia será o eixo vertebrador dun programa de actividades lúdicas, reivindicativas e culturais.
O programa deste mantén os vermús de Pinto e Maragota e inclúe un Contacontos Diverso e un San Xoán Travesti no Gastroespazo do Mercado de Abastos.
O programa foi presentado esta mañá na Praza da Peregrina, onde estivo aparcada a Caravana LGTBI. Este particular vehículo vai acoller unha campaña informativa artellada dende o Centro de Información sobre Diversidade e Sexualidade.
Ademais, as prazas de España e Ourense decoraranse a semana que vén cuns xardíns especiais, con flores que comporán a bandeira multicor.