A XXV Festa da Ameixa encherá a vila de gastronomía e bo ambiente esta fin de semana

    VILAGARCÍA> E de unhas festas imos a outras. Esta fin de semana será especialmente festiva en Vilagarcía, onde haberá varias celebracións simultáneas. Unha delas será a Festa da Ameixa de Carril, que cumprirá 25 anos nesta edición, e que nas últimas semanas dou moito que falar. Esta tarde, no Camiño do Carro tivo lugar a súa presentación. A XXV edición da Festa da Ameixa de Carril chegará ao municipio para facer as delicias de todos aqueles que non se poden resistir a unha ración de ricas ameixas. Esta tarde tivo lugar unha breve presentación na que dende o Patrón Maior do pósito carrilexo falou das dúas principais novidades de este ano. Unhas novidades que veñen acompañadas dunha carpa gastronómica que abrirá a partir das 12:00 do mediodía do sábado en horario ininterrumpido ata a noite. Nela poderanse degustar as coñecidas “ameixas de Carril” a prezos populares que se manteñen nos niveis de anos anteriores. O broche de ouro a esta celebración porao a actuación da París de Noia na praia de Compostela o vindeiro domingo.