A Pobra non esquece a Diana Quer

    POBRA> A Pobra afronta estes días as súas festas con sabor agridoce. A pesar da normalidade con que se viven as celebracións, é imposible esquecer o acontecido hai un ano nestas datas festivas nas que desaparecía Diana Quer. Normalidade na Pobra durante a celebración das Festas do Carmen dos Pincheiros nas que, hai agora un ano, desaparecía Diana Quer na madrugada do luns. Se ben é certo que se incrementou a presenza policial cun equipo encargado de inspeccionar o mesmo da desaparición un ano despois, veciños e visitantes apenas o notaron. O certo é que a pesar da repercusión mediática do caso, os veraneantes seguen vendo á Pobra como un pobo tranquilo e seguro. Todos coinciden en que se tratou dun caso illado que podería ter acontecido en calquera outro lugar. A pesar de ter recuperado a normalidade, os veciños non se esquecen de Diana e lamentan o destino da moza do que, polo momento, non se sabe nada. O aspecto da casa familiar en Cabío, pechada a cal e canto, contrasta co revuelo do ano pasado por estas datas con numerosos medios de comunicación apostados na porta para facerse eco do caso.