Varela acusa a organización da Ameixa de incumprir as medidas da verbena

    VILAGARCIA> O alcalde de Vilagarcía, acompañado de varios concelleiros, visitou este luns, o entorno do paseo da Praia de Compostela para coñecer in situ os danos causados polos camións da París de Noia, que onte tiñan que actuar no areal vilagarciá co gallo do XXV aniversario da Festa da Ameixa de Carril, e que o finalmente non o puideron facer. Alberto Varela acompañado por algúns dos concelleiros de Vilagarcía visitou o entorno da Praia de Compostela na vila, para coñecer no terreo os danos que ocasionaron os camións da París de Noia, que finalmente non puideron tocar. Varela Paz afirmou que esta situación era anunciada, debido a que varios informes técnicos desaconsellaban a instalación de ese espectáculo na praia, e no caso de facelo habería que extremar unhas precaucións, que segundo o alcalde non se tomaron. O rexedor de Vilagarcía anunciou a elaboración dun informe sobre os danos para proceder a envialo a Costas. Organismo que concedeu o permiso necesario para a realización da verbena na praia. Por outra banda, o alcalde de Vilagarcía aproveitou tamén a ocasión para defenderse de todas as voces que o acusaban de “torpedear” a celebración. O seguinte paso, será esperar a si Costas adianta a remodelación do paseo, xa aprobada, para causar o menor prexuízo aos veciños do municipio.