Detido no Milladoiro un dos irmáns Dalton despois dunha persecución de película

RIBEIRA> As imaxes que están a ver correspóndense co momento exacto da detención.

Pero para poder facelo os axentes tiveron antes que empregarse a fondo, tras unha persecución de película por diversas céntricas rúas do Milladoiro, despois de saltarse un control e darse á fuga nun vehículo roubado en Teo, chegando mesmo a conducir pola beirarrúa de forma temeraria, provocando danos materiais nun local e lesións leves a dous ocupantes doutro vehículo.

Despois do arresto, comprobouse que o prendido tiña unha perda de vixencia do permiso de conducir por falla de puntos, ademais de esclarecer un total de catorce delitos penais, incluíndo roubo, condución temeraria, danos e desobediencia grave a axentes da autoridade.

Unha vez tramitadas as correspondentes dilixencias foi posto a disposición xudicial do Xulgado de Garda de Santiago.