O PP de Poio pide a comarcalización do parque de Bombeiros tras o incendio rexistrado en San Salvador

POIO> Dous colectores de lixo e dous vehículos quedaron completamente calcinados tras un incendio en Poio. O suceso aconteceu esta noite na parroquia de San Salvador. Este incidente espertou, de novo, o debate sobre a comarcalización dos bombeiros.

Así quedaron estes dous vehículos tras o incendio rexistrado esta noite en Poio. O suceso aconteceu arredor dás 4:30 horas da madrugada. Os veciños chamaron ao 112 tras ver como ardían estes colectores e advertiron do risco que corrían os coches aparcados ao seu carón. Segundo puido saber o Canal Rías Baixas, un deles foi comprado hai apenas dous meses. Ata aquí desprazáronse os axentes da Garda Civil, Protección Civil de Poio e os Bombeiros do Salnés, que extinguiron as chamas pouco antes dás 6:00 da mañá. A Garda Civil investiga agora a orixe do incendio.

Este incidente espertou de novo o debate sobre á comarcalización dos Bombeiros. Cabe destacar que esta parroquia atópase a poucos minutos do parque de Pontevedra e, sen embargo, foron os Bombeiros de Ribadumia os que se achegaron ata aquí. O PP de Poio entende que esta situación é unha demostración máis do abandono que sofren os veciños de San Salvador por parte do goberno municipal.

Os populares de Poio recordan que hai un ano presentaron unha moción no Pleno municipal na que se solicitaba o apoio da corporación para que os Bombeiros de Pontevedra desen cobertura á parroquia de San Salvador. Naquel momento, a moción non saíu adiante pola negativa do BNG e do PSOE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí