Setecentos maiores festexaron o seu día en Boiro

    BOIRO> O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, presidiu o xantar da terceira idade de Boiro. Ó convite, celebrado no pavillón de Barraña e servido polo restaurante Chicolino, asistiron uns setecentos maiores. Unhas setecentas persoas pertencentes ó colectivo da terceira idade participaron hoxe no tradicional xantar que organiza cada ano o departamento de Servizos Sociais. Na comida, que se desenvolveu coma nos últimos anos no pavillón de Barraña, participou o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, na que era a súa primeira visita á comarca do Barbanza. No acto tamén tomaron parte a practica totalidade do equipo de goberno, entre os que se atopaba o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, así como tamén o rexedor de Ribeira, Manuel Ruíz. O xantar foi servido como de costume polo restaurante Chicolino e o espazo deportivo estivo totalmente acondicionado para a ocasión, polo que os maiores boirenses disfrutaron dunha xornada especial. Como non podía ser doutro xeito, despois do xantar celebrouse un pequeno baile amenizado por un grupo musical, polo que a festa prolongouse durante varias horas.