O IES de Porto do Son busca ampliar a súa oferta formativa cun Grao Superior de Guía de Natureza

PORTO DO SON> A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou hoxe o IES de Porto do Son onde se imparte o Ciclo Medio de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre. Dada a alta demanda desta especialidade, o centro solicitou a implantación do Grao Superior para o vindeiro curso.

Unha trintena de alumnos cursan o Ciclo Medio de Guía no Medio Natural e de Tempo Liobre que se imparte no Instituto de Porto do Son. A delegada territorial da Xunta da Coruña tivo ocasión de coñecer os contidos e actividades que conforman o programa lectivo. 

Acompañada polo xefe territorial de Educación e o alcalde de Porto do Son percorreu as instalacións nas que os alumnos reciben formación eminentemente práctica. Dada a boa acollida deste ciclo, o instituto ten previsto incrementar a oferta formativa polo que xa ten solicitado o ciclo superior nesta especialidade de cara ó próximo curso.

Durante a visita supervisaron tamén o estado en que se atopa o pavillón tralo derrube dun muro durante un temporal o pasado inverno. Segundo informaron os responsables autonómicos ó alcalde, a  Consellería de Educación acometerá a súa reparación ó longo deste verán.