Medio Rural destina máis de once millóns de euros a labores de prevención nos montes

    MUROS> A Consellería de Medio Rural destina este ano máis de once millóns de euros á prevención dos incendios forestais e posta en valor dos montes galegos. Así o explicou a titular do departamento, Ángeles Vázquez, na visita realizada esta mañá a Monte Louro. A Conselleira de Medio Rural tivo ocasión de coñecer de primeira man os traballos de prevención que se están a desenvolver en Monte Louro, en Muros, de maneira coordinada entre a mancomunidade de montes e o distrito forestal quinto. Estanse a executar diferentes tratamentos silvícolas de roza e triturado de restos nunha superficie total de dezaseis hectáreas Esforzo que este ano se cuantifica en máis dos once millóns de euros que a Consellería destina a estas actuacións. Oito deles a actuacións de control de pragas, ordenación de montes e creación de infraestruturas forestais preventivas. Os tres millóns restantes están a investirse na rexeneración das zonas danadas polo lume para favorecer un maior aproveitamento e económico e social da superficie forestal. A conselleira, acompañada polo Director xeral de Ordenación Forestal, Tomás-Fernández Couto, e o delegado do goberno na Coruña, Ovidio Rodeira, destacou durante a súa visita o importante valor ecolóxico de Monte Louro que forma parte da Rede Natura.