Corenta stands de innovación e creatividade na oitava edición da Pont-Up Store

PONTEVEDRA> Pontevedra presume de innovación e emprendemento. Este venres comeza na cidade a oitava edición da Pont-up Store. A cita recupera a súa vertente presencial, reunindo ata 45 stands na carpa que se instalará na Praza do Concello. Volve ademais con dúas novidades: a constitución dunha asociación para emprendedores e innovación e a creación dunha plataforma dixital que manterá viva a feira durante todo o ano.

Innovación e creatividade volven ser os ingredientes da oitava edición da feira Pont-Up Store 2021. A cita será os días 24 e 25 de setembro na Praza do Concello, con 40 stands participantes.

Ten especial papel o emprendemento feminino: o 55% das entidades que participan están lideradas por mulleres. Tamén ten especial peso o rural, xa que o 40% das iniciativas nacen en vilas ou aldeas. Ademais, a gran maioría teñen unha forte aposta pola sostibilidade.

A cita chega este ano con dúas novidades. Por unha banda, o nacemento da Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up, na que se integrarán todos os participantes na cita dende o seu inicio. Pola outra, a creación do espazo virtual Dixital Pont-Up.

Esta oitava edición desenvolverase cumprindo as normas anticovid. Así, será obrigatorio o uso da máscara en toda a carpa e non se poderán tocar os obxectos expostos, alomenos que o permitan os promotores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí