O concello de Caldas cederá un local ás mulleres embarazadas

    CALDAS> Insalubres e tercermundistas, así definen as mulleres embarazadas de Caldas de Reis, as instalacións nas que reciben o servizo da matrona. Levan anos sendo atendidas na antiga escola taller, ante a falta de solucións por parte do Serga. Esta mañá esixiron unha reunión urxente coa Consellería, contando co apoio do alcalde da localidade . É a descrición de só algunha das situación que padecen a diario as mulleres embarazadas de Caldas de Reis cando asisten ó servizo de matrona, desde hai anos ubicado na antiga escola taller. O deterioro do espazo é evidente nada máis entrar. Levan nove anos denunciando as pésimas condición nas que se atopa o local, e que segundo nos explicou esta mañá unha representante das mulleres, poden chegar a causar graves problemas ás pacientes. A esta situación, únese a falta de matrona titular en Caldas de Reis. As mulleres compareceron esta mañá acompañadas polo alcalde da vila, Juan Manuel Rey ,que se comprometeu a ceder desde este momento, como solución provisional, unha sala do centro comarcal da Tafona, con mellores condicións de salubridade. A través do alcalde, as mulleres solicitarán unha reunión de urxencia con responsables do Sergas. O acto rematou coa sinatura do propio alcalde apoiando a causa. De momento levan recollidas 2.140 firmas por “un embarazo digno” que entregarán no consistorio. Aínda que a elas lles quedan poucos días como embarazadas, aseguran que seguirán loitando polos dereitos das mulleres que veñan detrás.