Sanxenxo iza en Foxos a primeira das súas dezasete bandeiras azuis

SANXENXO> Sanxenxo presume de bandeiras azuis co izado da primeira bandeira no areal de Foxos. A vila repite outro ano máis como o municipio de España con máis distintivos, concretamente 17. Dende o concello sinalan como clave deste éxito o non conformarse e seguir traballando para mellorar as súas praias.

O concello de Sanxenxo volve ser un ano máis o municipio de España co maior número de bandeiras azuis. A vila repite este os 17 estandartes conseguidos no pasado verán. Como é habitual, o concello celebra a consecución de estes recoñecementos co izado da bandeira nun dos areais. Nesta ocasión, a escollida foi a praia de Foxos.

Dende Sanxenxo sinalan como moi importante a consecución destas bandeiras. Uns recoñecementos que aumentan a oferta do concello do Salnés.

O concello quixo agradecer o traballo de todos os profesionais que axudan a que este recoñecemento sexa posible, dende os traballadores do concello, os limpadores das praias ou a policía local. Tamén resaltaron a importancia de poder contar con socorristas nun momento no que escasean.

Ademais destas bandeiras azuis, Sanxenxo tamén conseguiu outros seis recoñecementos para as súas sendas, tres para os seus portos e un para un dos seus centros. A vila continúa sendo ambiciosa e agardan que nos vindeiros anos as praias de Nanín e Pampaído tamén poidan ondear bandeiras azuis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí