Turismo de Galicia asina un convenio para potenciar os recursos turísticos de Valga

    5

    VALGA> A Axencia Galega de Turismo de Galicia ven de asinar un convenio co concello de Valga polo cal financiará a climatización do Belén Artesanal e a construción do Centro de Interpretación da Caña. Unhas accións que terán un custe que estará cerca dos 150.000 euros. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro visitou o concello de Valga para asinar un convenio de colaboración para a creación dun Centro de Interpretación da Caña do País e a climatización do recinto do Belén Artesanal en Movemento. O convenio recolle unha achega de 45.000 euros para a climatización do Belén, e por outro lado uns 104.000 euros para que o concello de Valga, leve a cabo a primeira fase da Casa Caña. Nava Castro destacou a aposta de Valga por promocionar os seus recursos turísticos. Un recoñecemento e unha sinatura pola que o alcalde se mostrou agradecido e sinalou que ambas actuacións son “moi importantes para Valga”. Para aqueles que non saiban do que estamos a falar, o Belén artesanal de Valga conta cunha superficie aproximada de 400 metros cadrados e con máis de 4.000 figuras, todas elas realizadas de xeito artesanal e moitas en movemento. Un reclamo que atrae cada ano a máis curiosos a vila.