Malestar ante o coeficiente redutor na xubiliación dos mariñeiros

Pontevedra> O problema dos coeficientes redutores da idade de xubilación para os mariñeiros galegos volve a saír a flote. A CIG denuncia, que mediante unha circular do director do Instituto Social da Mariña, os mariñeiros de palangreiros e arrastreiros conxeladores non poden acollerse ao coeficiente redutor do 0.40. A idade de xubilación para os mariñeiros que están en palangreiros e arrastreiros conxeladores volve a saír a palestra. Dende a CIG denuncian unha circular mediante a cal o Director Xeral do Instituto Social da Mariña indica aos seus subalernos que non poden acollerse aos coeficientes redutores do 0,40. Dende a CIG pensaron que este problema estaba resolto a finais do 2016 pero agora, danse conta a través desta circular, de que non é así. Ante esta situación, a CIG, xa convocou novas asembleas co obxectivo de iniciar unha campaña de protestas para buscar unha solución ante este problema. Esixen a convocatoria urxente dunha reunión onde estean presentes a Xunta de Galicia, os sindicatos e as patronais. De non chegar a un acordo o antes posible dende este sindicato xa anunciaron que volverán a saír á rúa.