O Carlos I Silgar distinguido como de garantía en turismo deportivo

    SANXENXO> O hotel Carlos I de Silgar recibiu o distintivo Sporttoury de mans da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Unha distinción que o acredita como un establecemento con garantías en turismo deportivo. Sanxenxo camiña a bo ritmo pola senda da calidade turística. Esta foi a afirmación que facía, este luns, o alcalde da localidade, na entrega do distintivo Sporttoury que acredita ao hotel Carlos I de Silgar como establecemento de garantía e calidade do turismo deportivo. O establecemento sanxenxino presentou a solicitude para a obtención de este distintivo e posteriormente foi sometido a unha avaliación e auditoría. Agora o que queda é traballar en prol deste recoñecemento para ofrecer os mellores resultados, segundo o CEO de Sporttoury. A directora de Turismo de Galicia Nava Castro, sinalou que este tipo de distintivos avalan que Sanxenxo ten moito que ofrecer durante todos os meses do ano. Ao acto asistiron numerosas caras coñecidas do sector turístico da comarca e tamén de ámbito autonómico.