A AECC recada fondos coa vista posta na investigación para acadar o 70% de supervivencia

PONTEVEDRA> A Asociación Española Contra o Cancro botouse hoxe á rúa para recadar fondos para a investigación sobre esta enfermidade. Voluntariado, usuarios e persoal sumáronse á tradicional campaña de recadación para axudar á entidade a acadar o seu obxectivo: superar o 70% de supervivencia e seguir prestando apoio e servizo ás persoas con cancro e ás súas familias.

Esta imaxe repetiuse hoxe polas rúas de Pontevedra. Voluntariado, usuarios e persoal da Asociación Española Contra o Cancro participaron na tradicional campaña de recadación de fondos da entidade. Uns cartos que se dirixen á investigación da enfermidade.

O ano pasado, a recadación acadou os 15.000 euros. A pesares do importante da cifra, dende a asociación poñen en valor a visibilidade que conseguen con este tipo de iniciativas, avanzando na concienciación da cidadanía.

Porque ademais de traballar para dar pulo á investigación, a Asociación Española contra o Cancro presta apoio e ofrece numerosos servizos aos pacientes e ás súas familias. Todo de xeito completamente gratuíto e chegando a onde as administracións non chegan.

Para a campaña de recadación deste ano, a asociación contou con 24 mesas repartidas pola cidade e 244 voluntarios.