Ferido de gravidade ó tentar apagar o incendio orixinado na súa furgoneta

BOIRO> O suceso acontecía esta mañá,  ó redor das oito, nun taller de bateas situado na zona de Mañóns.

As alarmas saltaban pasadas as oito da mañá cando os servizos de emerxencia recibían o aviso dun incendio no taller de bateas situado na praia boirense de Mañóns.

As lapas orixináronse no interior dunha furgoneta que estaba a traballar na aplicación de resina sintética ás propias bateas.

O seu propietario, un varón de 41 anos, veciño de Lousame, resultou ferido ó tentar apagar o lume, sufrindo queimaduras de diversa consideración. Por esta razón tivo que ser trasladado en helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña onde permanece ingresado na unidade de queimados.

Ademais dos bombeiros de Boiro, no operativo de emerxencia participaron tamén Garda Civil e Policía Local e Protección Civil de Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí