O BNG propón a creación dun consorcio público-privado para impulsar o sector forestal trala marcha de ENCE

PONTEVEDRA> Crear un consorcio forestal en Galicia coa participación de capital público. Esta é a proposta que o BNG levará ao Parlamento o vindeiro 14 de setembro. Segundo a formación, a sentenza da Audiencia Nacional contra a continuidade de ENCE en Lourizán abre un novo panorama para o sector forestal galego. Reclaman á Xunta que lidere este proxecto que, sinalan, tería que levarse adiante con o usen a pasteira.

Para o Bloque Nacionalista Galego, a sentenza da Audiencia Nacional contra a continuidade de ENCE en Lourizán abre unha oportunidade para desenvolver un novo proxecto para o sector forestal de Galicia.

O BNG levará a súa proposta ao Parlamento de Galicia o vindeiro 14 de setembro. A moción reclama á Xunta que lidere activamente a mesa polo futuro de ENCE e que, xunto ao Goberno central, se coordinen para recuperar os terreos que ocupa a pasteira. Pero a proposta central é a creación dun consorcio público-privado para o futuro do sector forestal.

Un proxecto ambicioso que, cren dende o BNG, se podería levar adiante con fondos públicos, tanto europeos, como estatais como autonómicos. E confían en que xere máis riqueza e postos de traballo.

En canto á súa ubicación, os nacionalistas apostan porque sexan as universidades galegas as encargadas de buscar a máis axeitada.

Ante á postura da Xunta de Galicia, que defende que non hai alternativas a Lourizán, Bará acusounos de ser hooligans da empresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí