NOIA> A Asociación Taller Alecrín presentou para a tempada 2026-27 unha ampla programación composta por promocións, cursos formativos e actividades. O cartel arrancará a próxima semana cos obradoiros de verán para adultos que se desenvolverán entre o 6 e o 23 de xullo en varios concellos de Barbanza e Santiago.
A Asociación Taller Alecrín xa está inmersa na tempada 2026-2027 cun amplo programa de actividades que busca promover hábitos de vida saudables a través do deporte e da socialización que implica o baile. Entre a súa oferta formativa figuran os obradoiros regulares qque se desenvolven durante todo o ano tanto na modalidade de Linedance como de Baile Social para parellas. Como novidade, destaca este ano a incorporación de dous cursos de line dance deportivo.
Á marxe do aspecto estritamente formativo, a entidade desenvolverá diversas actividades durante todo o ano como quedadas, colaboración en concertos ou outras citas festivas que permitirán sacar o baile á rúa e complementar outras programacións culturais.
Alecrín desenvolverá tamén unha importante labor de promoción con obradoiros puntuais en datas destacadas, colaboración cos centros educativos a través do programa ‘Xoga o Baile Deportivo’ e integración a través do baile na Cita coa Diversidade.
Ademais ó longo do mes de xullo, entre o 6 e o 23, terán lugar os obradoiros de verán para adultos. Serán de balde aínda que é preciso realizar inscrición previa a través do teléfono 698150432.











