Lores deixa entrever que volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra no 2023

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra despexa o seu futuro político. Miguel Anxo Fernández Lores deixa entrever que volverá se-lo candidato do BNG na cidade nas municipais de 2023. Foi nun almorzo informativo no que fixo balance do ano que remata. Malia a pandemia, falou dun ano ‘espectacular’ para Pontevedra, con grandes fitos como Santa Clara,  o comezo das obras do Gran Montecelo ou a sentenza que anula a prórroga de ENCE.

O 2021 foi, no eido político e sen ter en conta a pandemia, un bo ano para Pontevedra. É o resumo que fai o alcalde da cidade da xestión do seu goberno nestes últimos 12 meses. Nun almorzo informativo, Lores falou dun bipartito cohesionado que acadou neste ano que remata grandes fitos para a cidade. O primeiro, Santa Clara.

Outro dos grandes asuntos que destacou o alcalde é a senteza que anula a prórroga de ENCE. Volve pedirlle á empresa e á Xunta que busque unha localización alternativa que permita mante-los postos de traballo. O nacionalista tamén destacou deste 2021 o inicio das obras do Gran Montecelo e a concesión para a cidade da gran final das Series Mundiais de tríatlon para 2023.

Coa vista posta tamén no 2023, neste caso nas eleccións municipais, Lores, sen dicilo expresamente non descartou a posibilide de volver se-lo candidato do Bloque. Asegurou que neste momento ‘todo conduce’ a que vai seguir traballando pola cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí