O TSXG dá a razón ós emigrantes retornados

    RIBEIRA> Comezan a chegar as primeiras sentenzas que dan a razón ós emigrantes retornados. As resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigan á administración a devolver o importe das sancións e dos intereses de demora dos exercicios anteriores a 2013 así como a asumir as costas xudiciais. Os emigrantes retornados comezan a albiscar algo de luz na súa batalla co Ministerio de Facenda. Estas pequenas vitorias veñen en forma de sentenzas xudiciais que obrigan á administración pública a devolver o importe das sancións e intereses de demora cobrados polos retrasos no IRPF ata 2013. A pesar de que as sentenzas avalan as reclamacións dos emigrantes, a administración non procederá á devolución de oficio a tódolos afectados polo que será preciso reclamala xudicialmente. Estes pequenos éxitos supoñen un pulo para este colectivo que seguirá na rúa reivindicando os seus dereitos. O vindeiro trece de outubro celebrarán unha manifestación en Carballiño ó que se desprazarán afectados de toda Galicia.