PONTEVEDRA> Volve a Pontevedra o seu festival dedicado á cultura verde. O vindeiro 23 de maio na Alameda celebrarase o Plan Fest. Unha cita que nesta terceira edición medra. Comezará xa ás 12 do mediodía, con obradoiros, faladoiros e mercadiño. Tampouco faltará a actividade central, o intercambio de escallos, que o ano pasado reuniu a máis de 250 participantes. Polo festival pasaron ao redor de 3.000 persoas.
Pontevedra celebrará a cultura verde. A cidade acollerá o vindeiro 23 de maio unha nova edición do PlantFest.
A cita será na explanada da Alameda e a organización agarda mellorar o éxito da pasada edición, cando pasaron unhas 3.000 persoas polo festival. Como novidade, este ano a programación medra. Comezará xa ás 12 do mediodía. Farao cunha actividade de ‘Morning Ioga’. Ademais, contará cunha sesión vermú.
Un dos pratos fortes será o faladoiro, que este ano aposta por centrarse na horta.
En canto aos obradoiros, haberá un infantil relacionado coa horta, outro de coidados básicos de orquídeas e un máis centrado na elaboración dunha minikokedama. Ademais, ás 7 da tarde celebrarase a actividade central do PlantFest, o intercambio de escallos, que o ano pasado reuniu máis de 250 participantes.
Para participar nos obradoiros, os interesados poden inscribirse o propio día do festival. Só haberá que facelo previamente en info@plantfest.es para asistir á sesión de morning ioga. Ademais, haberá un espazo de mercadiño con stands de marcas e emprendedores locais que ofrecerán artesanía, cosmética natural e plantas para mercar.











