O Estado contempla 27 millóns para a A-57 e 2 millóns para o nó de bombeiros nos orzamentos de 2022

PONTEVEDRA> Dúas das principais demandas históricas de Pontevedra están recollidas no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2022. As contas do goberno central destinan 2,2 millóns de euros para o nó de bombeiros e 23,73 millóns para avanzar na autovía A57, coñecida como a circunvalación de Pontevedra. Iso si, para o tramo en execución que une Vilaboa e A Ermida. Agora, dende o concello piden que estas contas se convirtan en investimentos reais.

23,73 millóns de euros. Esta é a contía que o proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2022 recollen para avanzar nas obras da autovía A-57, coñecida como a circunvalación de Pontevedra. Iso si, esta contía destínase ao treito Vilaboa-A Ermida, xa en execución, pero que acumula importantes retrasos.

Os dous treitos pendentes márcanse sen previsión, destinándose únicamente 100.000 euros para manter aberto o capítulo.

As contas recollen outra demanda histórica da cidade. Para o enlace de Pontevedra Norte, coñecido como o nó de bombeiros, repítese unha asignación de 2,2 millóns de euros para o 2022. Tamén 5 millóns para o 2023 e tres millóns para o 2024.

Coñecidas estas asignacións, dende o concello agardan que se fagan efectivas e que do papel pasen a ser investimentos reais.

As contas contemplan tamén 1,7 millóns de euros para a segunda fase do paseo marítimo a Marín. Ademais, retrasan ata o 2023 o investimento forte para a reforma do antigo edificio de Facenda, na Praza da Ferría. Para o 2022 só se reservan 100.000 euros, que no 2023 pasarán a ser 2 millóns e outros 3,5 millóns para o 2024 e o 2025. A intención é convertelo na nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí