Concentración do PP de Poio para denunciar a ‘nefasta xestión’ do tripartito no que vai de mandato

POIO> Pouca transparencia, pouca participación, máis impostos e máis débeda. Así resume o PP de Poio a xestión do goberno local nestes dous primeiros anos de mandato. Os populares organizaron esta mañá unha concentración simbólica ás portas do Concello para denunciar o que consideran ‘nefasta’ xestión do tripartito.

Falan de máis impostos e máis débeda, din, que comprometerá a xestión do executivo que ocupe o concello tralas eleccións de 2023.

Ademais, os populares din que o tripartito non está a cumprir co seu compromiso de incrementa-la participación cidadá e a transparencia. Indican  que medidas como a retransmisión dos Plenos é grazas a eles.

Tamén asumen os méritos dalgunhas das medidas tomadas polo concello na xestión da pandemia, porque -din- o goberno local chegou tarde.

De aquí a finais do mandato, os populares auguran unha xestión ‘desesperada’ por parte do goberno local do que, din, pouco se pode agardar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí