O concello detecta unha reactivación da promoción da vivenda privada

Pontevedra> O concello de Pontevedra detecta unha reactivación da promoción da vivenda privada na cidade. Neste momento están en construción 118 vivendas no barrio da Parda, e nesta mesma zona hai unha previsión de 145 máis. Ademais, a concelleira desta área anunciou que están en tramitación a licencia de 100 novas vivendas en distintos puntos da cidade. A concelleira de Urbanismo deu a coñecer esta mañá o despunte do sector da construción local que se aprecia a través da promoción da vivenda privada na propia cidade. Anabel Gulías di que é unha situación que se detecta dende finais do ano pasado e ao longo deste, a través do incremento de solicitude de licenzas tanto para vivendas colectivas como para unifamiliares. No tocante ás licenzas de vivendas unifamiliares Gulías, di que se mantén a liña dos últimos anos. En relación a vivendas colectivas a concelleira anunciou que están en construción dúas novas promocións no barrio da Parda, unha en Pinto Laxeiro con 69 vivendas e outra entre esta rúa e Losada Diéguez con 49 vivendas. En total están a falar de 106 novas vivendas novas vivendas na cidade , ás que habería que sumar as xa en construción. En relación ao comercio Gulías anunciou a tramitación dunha licenza a unha firma de alimentación para habilitar un baixo na rúa da Oliva, onde estaban Os Telares, e tamén a concesión dunha firma comercial de roupa en Benito Corbal e a tramitación dunha licenza para unha superficie de alimentación na avenida de Lugo.