Meis inaugura o seu terceiro centro de compostaxe comunitaria

MEIS> Meis avanza na implantanción da compostaxe no municipio. Esta mañá inauguraron un novo centro de compostaxe comunitaria. Está situado no Mosteiro, nunha zona de edificios con moitos veciños. Trátase da terceira illa deste tipo que se crea no concello. As outras dúas están situadas no Campo da Feira e no Colexio do Mesteiro. Este último é un dos que mellor funciona de toda a comarca.

Paso a paso o concello de Meis segue avanzando na súa aposta pola compostaxe. Esta mañá inauguraron o terceiro composteiro comunitario do municipio.

A nova illa de compostaxe está situada no Mosteiro, nunha zona de bloques de vivendas. A isto hai que sumar o reparto da composteiros individuais entre a veciñanza non só desta zona, senón en todo o municipio.

Esta novo centro de compostaxe comunitaria súmase aos xa instalados no Campo da Feira do Mosteiro e no propio colexio do Mosteiro. Este último é un dos que mellor funciona en toda a comarca.

Ademais, con este novo reparto de compsteiros individuais, calcúlase que o 25% da poboación de Meis conta xa con este servizo na casa, co obxectivo de seguir avanzando ata chegar a todos os fogares.