A UNED Sénior desenvolverá un ciclo sobre memoria histórica en Rianxo

    RIANXO> Este sábado día sete comeza en Rianxo un novo curso da UNED Senior. O acto de apertura celebrarase ás doce do mediodía no Liceo Marítimo coa actuación da Aula de Cultura Musical. O curso 2017-2018 da UNED Sénior arrancará en Rianxo con moitas novidades. Ademais das asignaturas habituais que se veñen impartindo cada ano, celebrarase un ciclo de conferencias sobre a memoria histórica que contará con destacados expertos como poñentes. A historia de Rianxo, onde se emprazou un campo de prisioneiros, servirá como eixo común deste ciclo. Cara o peche do curso prevese tamén a realización dunha homenaxe ás mulleres solidarias que axudaron ós prisioneros dos campos de concentración, polo que moitas delas tamén foron represaliadas.