Os traballadores do CHOP esixen a apertura de tódalas camas do Hospital

PONTEVEDRA> Engado e indignación entre os traballadores do Hospital Provincial e o Montecelo ante o peche dunhas 80 camas de Neumoloxía e Medicina Interna. Esta mañá concentráronse ás portas dos centros hospitalarios para denunciar que as unidades deberían estar abertas desde o pasado día 1. É parte do Manifesto que leron esta mañá desde a Agrupación de Profesionais da Saúde Pública, ás portas do Hospital Provincial de Pontevedra, para explicar o motivo das dúas concentración convocadas para esta mañá. A xerencia do CHOP comprometeuse a reabrir as camas pechadas durante o verán en Neumoloxía e Medicina Interna o día 1 de outubro, algo que non fixo. O que implica prexuízospara os usuarios pero tamén para os traballadores. Aínda que desde PROSAGAL nos contan que esta noite abriron as camas de Neumoloxía, explican que se debeu a que Urxencias estaba saturada. Pero que os profesionais deste unidade aínda non están incorporados e non teñen unha confirmación oficial da reapertura. O que os traballadores consideran unha tomadura de pelo, polo que isto conleva. Por todo iso, ademais de esixir a reapertura de camas, desde PROSAGAL piden ós usuarios que non acepten a derivación a hospitais privados cando lles digan que non hai camas dispoñibles na sanidade pública, habendo camas baleiras, e que esixan o cumprimento dos seus dereitos.