Cantos na Maré volve a Pontevedra con Mayra Andrade e Enredadas como artistas principais

PONTEVEDRA>  Pontevedra  acollerá os días 13, 14 e 15 de setembro, a 15ª edición de Cantos na Maré. En total, máis de 20 concertos e unha ducia de actividades que se desenvolverán entre o Pazo da Cultura, o Teatro Principal, a Praza da Pedreira, o Museo e a Libraría Paz. As dúas grandes actuacións deste ano serán a da estrela caboverdiana Mayra Andrade a de Enredadas.

Os Cantos na Maré regresarán a Pontevedra os días 13, 14 e 15 de setembro coa súa 15ª edición. O farán, ademais, cunha ampla programación que inclúe máis de 20 concertos e unha ducia de actividades. Todas elas levaranse a cabo en 5 espazos da cidade: o Pazo da Cultura, o Teatro Principal, a Praza da Pedreira, o Museo e a Libraría Paz. Polos escenarios pasarán artistas de 8 países diferentes: Clara Peya, Maria João, Antón Reixa, Magín Blanco, Enredadas e a gran estrela de Cabo Verde, Mayra Andrade.

Como novidade este ano, o Festival quixo atravesar máis mares. Por iso, co obxectivo de chegar a un público máis novo, Cantos na Maré ofertará varias propostas máis arriscadas e urbanas. Ademais, se por algo destaca esta edición é polo carácter feminista da programación.

As entradas para os concertos do Pazo e do Teatro Principal,  así como os abonos para todo o festival, están xa dispoñibles nas páxinas web de Eventbrite e Ticketea. Toda a programación a podedes consultar en cantosnamare.com