A Comisión Europea pon Pontevedra como exemplo do futuro da seguridade viaria urbana

PONTEVEDRA> Unha delegación da Comisión Europea visitou estes días a cidade de Pontevedra para coñecer as claves que fixeron posible a súa transformación urbana. Trátase dun proxecto centrado na seguridade viaria, no que están a participar 19 países. A intención é buscar exemplos de modelos que se poidan extrapolar a outros territorios.

O modelo de Pontevedra é o futuro da seguridade viaria urbana. Non o din dende o concello. Dío o director da Axencia Europea de Seguridade Viaria.

Avenoso visitou estes días a cidade acompañado por membros do proxecto centrado na seguridade viaria que está a xestionar a Comisión Europea. O obxectivo: comprender os elementos que fixeron posible a transformación urbana pontevedresa.

Actualmente, o proxecto conta con 19 países involucrados. A idea é que os seus representantes poidan visitar a cidade pontevedresa para coñecer o modelo sobre o terreo.

Cabe recordar que no ano 2020 Pontevedra foi galardoada co Primeiro Premio de Seguridade Viaria Urbana da Unión Europea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí