APE presenta as claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia

PONTEVEDRA> “Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia”. Ese foi o lema do encontro organizado esta mañá pola Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia. Unha xornada que serviu para achegar solucións aos problemas que existen dentro de este sector, así como para formar e informar das liñas de apoio existentes na actualidade a todos empresarios da comarca.

Achegar aos autónomos as liñas de apoio que a Xunta de Galicia ten a súa disposición. Ese era o obxectivo principal desta xornada. Un encontro organizado pola Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia e na que se presentaron as claves para impulsar o emprego neste sector.

A formación é un dos piares principais á hora de impulsar o emprego autónomo e, por iso, é fundamental facilitarlles a todos eles a máxima información posible con respecto as liñas de apoio e axudas dispoñibles.

En pouco máis de 10 anos o número de autónomos en Galicia descendeu en máis de 27.000 persoas. En Pontevedra, os datos reducíronse entre 2008 e 2019 nun 10%. Sen embargo, a nosa comunidade segue estando por riba da media española.

A Directora Xerente da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, Rosanna López;  o Técnico da Secretaría Xeral de Emprego e Secretario da Mesa do Autónomo, José Martínez Casal; e o Presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Ángel Vázquez Taín, foron algunhas das autoridades que participaron nesta xornada de APE Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí