O Concello de Poio contará cun orzamento de 12,7 millóns de euros no ano 2020

POIO> O Concello de Poio contará cun orzamento para 2020 de 12 millóns 715 mil euros, un 0,5% máis que no ano anterior. Neste presuposto destaca a conxelación das taxas municipais e a aposta do goberno local pola redución da débeda.

O Concello de Poio presentou hoxe os seus orzamentos para o ano 2020. En total, 12 millóns 715 mil euros, un 0,5% máis que o anterior. O alcalde cre que estes presupostos son realistas e está convencido de que responderán as necesidades dos veciños.

Un ano máis, o goberno local volve a conxelar as taxas municipais e continúa traballando para reducir a débeda. O tipo de interese mantense no 0,01%.

En canto ao capítulo de investimentos, o orzamento contempla 500.000 euros, un pouco menos do que se ten pensado amortizar.

O endebedamento está previsto para o 2020 nun 49%. Unha cantidade que o Concello espera abonar nun prazo máximo de 15 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí