O pleno aproba a creación dunha comisión técnica de extinción de incendios na provincia

Pontevedra> A presidenta da Deputación e o director xeral de Emerxencias de Galicia anunciaron esta mañá os acordos adoptados no pleno do Consorcio Provincial de extinción de incendios. Os principais, a creación dunha comisión técnica propia de Pontevedra que analice as demandas da provincia, unha mesa que será constituída trala comisión a nivel galego. O mapa de emerxencias da provincia de Pontevedra deu moito de que falar esta mañá no pleno do consorcio Provincial de Extinción de Incendios. Un pleno onde se acordou crear unha comisión técnica galega e unha provincial para coñecer de primeira man as carencias e demandas en Galicia e Pontevedra. O director xeral de Emerxencias da Xunta dixo que é imporante coñecer aquelas zona de sombra que contempla o mapa de emerxencias da nosa comunidade, aqueles aos que aínda non se pode chegar, e tamén coñecer todos aqueles puntos onde se pode mellorar o acceso e o tempo de chegada. Un pleno que tamén aprobou o orzamento do Consorcio que para o ano que ven será de 3,3 millóns de euros que se financia ao 50 por cento pola Xunta e a Deputación.