Silva quere que a denuncia contra Durán sexa unha cuestión global de defensa das mulleres

VILAGARCÍA> Carmela Silva dixo que non falaría sobre a denuncia contra o alcalde de Vilanova por chamarlle ‘chacha para todo’ de Abel Caballero e hoxe cumpriu a súa palabra.

Nun almorzo informativo en Carril, a presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que non quere que a cousa acabe personalizándose nela.

Di que a denuncia que presentou a Deputación contra Gonzalo Durán é unha cuestión global de defensa das mulleres.