A protectora os Palleiros rescata a 18 cans en estado crítico

Pontevedra> A protectora de animais Os Palleiros rescatou nesta semana e en estado crítico de saúde a 18 cans nunha casa da cidade de Pontevedra. Unha actuación que foi posible grazas á denuncia ao Seprona dunha veciña. Dende os Palleiros piden colaboración cidadá para que denuncien estes feitos e evitar así, que calquera animal, chegue atoparse nunha grave situación. Dermatite, feridas, fracturas, problemas de visión, parasitos, estado depresivo… estes son soamente algúns dos problemas que presentaron os 18 cans que o Seprona localizou unha casa da cidade de Pontevedra trala denuncia dunha veciña. Ao momento de chegar á casa o Seprona púxose en contacto coa protectora de animais Os Palleiros que foron ao lugar e se atoparon cunha situación dantesca. Dende a protectora están á espera dos resultados das primeiras analíticas para coñecer o estado no que se atopa cada un dos cans, aínda que moitos xa saben que terá graves secuelas. O máis importante neste tipo de feitos e lanzar unha mensaxe de concienciación, de que isto non se pode permitir, e de que se vemos que algo así sucede ao noso arredor debemos denuncialo canto antes. Dende hoxe crearán un evento no perfil do facebook da protectora para que todo aquel que queira axudar co tratamento e o coidado coñeza cales son as necesidades máis urxentes a cubrir.