Un hostaleiro de Vilagarcía borra as pintadas de diante do seu local para mellorar a imaxe da cidade

VILAGARCÍA> Un hostaleiro de Vilagarcía borra de diante do seu local as pintadas que ensucian o paseo marítimo da cidade. O empresario está a piques de inaugura-lo seu negocio e decidiu coller pintura e unha brocha para mellora-la imaxe da zona. Sospeita que a súa boa acción vai durar máis ben pouco, pero advirte que en canto os vándalos volvan ensucial, el vai volver pintar. Di que tampouco lle ten medo a unha posible sanción por actuar nun espazo público sen pedir permiso.

Ricardo observa dende a terraza do seu local o resultado da súa acción. El está a piques de inaugura-lo seu local de copas na Zona TIR de Vilagarcía. Unha parte da cidade na que as pintadas aparecen por tódolos recunchos. Ante a imaxe lamentable que presentaba o paseo xusto diante do seu negocio, decidiu tomar cartas no asunto.

O seu obxectivo, mellora-la estética da contorna e que os seus futuros clientes poidan tirar unha foto da paisaxe dende o seu local.

A pesar do seu esforzo, Ricardo sospeita que a súa obra non vai durar moito tempo así. Cre que lle volverán facer pintadas máis cedo ca tarde.

Tampouco di ter medo a unha posible sanción por ter actuado nun espazo público sen permiso. Di que dálle igual ser multado por ter feito algo bo pola cidade.

Ricado di que se volven pintar este espazo, volverá limpalo. Tamén lamenta o estado no que se atopa o resto da Zona TIR, así como outros moitos puntos de Vilagarcía, cubertas por pintadas que non fan máis que estraga-la imaxe da cidade e dos seus negocios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí