Entrega de premios da feira Artemar

RIBEIRA> Os establecementos Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira son os gañadores dos concursos da feira Artemar de Ribeira, nas categorías de mellor decoración de local hostaleiro, escaparatismo e mellor tapa.

Día de celebración en Ribeira. O executivo fixo entrega dos premios do concurso da feira mariñeira Artemar. Os gañadores foron os establecementos Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira.

Na categoría de mellor decoración de local hostaleiro resultou gañador o bar restaurante Casa Patrón.

Tamén resultou gañador El Rincón del Chocolate, neste caso na categoría de escaparatismo.

E como xa ven sendo habitual, A Recoveira volveu a gañar na categoría de mellor tapa.

Máis de 800 asistentes á feira Artemar participaron na votación deste concurso.