Mozos fillos de emigrantes retornan a Pontevedra co reto de asentar aquí as súas vidas

PONTEVEDRA> Pontevedra ábrelle as portas a descendentes de emigrantes galegos que volven ás súas orixes. A través dun programa de becas, fillos de galegos residentes no exterior volven á terra para completa-la súa formación académica e botar raíces aquí. Esta mañá, un grupo destes mozos foi recibido na cidade.

Falan con acento de lonxe, malia que o seu corazón sempre estivo en Galicia. Son un grupo de mozos, descendentes de galegos emigrados, que agora volven ás súas orixes para completa-la súa formación e asentarse aquí.

Este grupo de fillos de emigrantes regresan ao país grazas a unha bolsa que lles permite remata-la súa formación. O obxectivo final, di Miranda, é que teñan oportunidades para que poidan asentarse aquí.

Nesta última convocatoria de axudas, os mozos proceden de ata 25 países. No caso de América, salientan A Arxentina e Venezuela; mentres que no caso dos chegados da Unión Europea, destacan O Reino Unido, Suíza e Alemaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí