Un terrorífico cinema anima o Samaín do instituto Sánchez Cantón

PONTEVEDRA> O instituto Sánchez Cantón, en Pontevedra, déixase conquistar un ano máis polo Samaín. O túnel do terror do alumnado de segundo do Grao Superior de Ensino e Animación Sociodeportiva volveu neste 2022 para arrancar berros de auténtico medo dos seus compañeiros. O cinema de terror foi a temática escollida.

Nada máis entrar no instituto Sánchez Cantón os berros xa nos marcan o camiño. Algo pasa no paraninfo que un ano máis se convirte no epicentro do Samaín.

A carteleira para estas xornadas non podía ser máis terrorífica. Personaxes de La Purga, It, El Exorcista ou A Matanza de Texas van recibindo aos incautos que se atreven a adentrarse neste particular cinema.

Algo que non é, dende logo, tarefa fácil. A ambientación está coidada ao detalle. Non en van é a culminación dun intenso traballo do alumnado do segundo curso do Grao Superior de Ensino e Animacion Sociodeportiva.

Unha actividade que lles serve de laboratorio para poñer en práctica todo o aprendido.

Ao redor de 500 estudantes pasaron por este particular cinema. Seguro que moitos quedaron afónicos neste terrorífico percorrido.