PONTEVEDRA> Hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín volveron a unirse hoxe para pedir o rescate do sector. Fixérono nunha concentración que tivo lugar na Praza de España e na que aplaudiron o traballo que está a realizar o equipo “rescate hostalería” coa súa peregrinación cara Madrid.
A cidade do Lérez volveu a encherse hoxe de centos de hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín. Un sector afogado pola crise da Covid e que está ao borde da ruína. Por iso, hoxe volveron a saír a rúa para esixir, unha vez máis, un plan de rescate.
Coas novas medidas implantadas pola Xunta, os hostaleiros manteñen abertas as terrazas ao 50% da súa capacidade e, dende o sábado, poden atender a clientes no interior dos seus locais, pero o límite máximo de ocupación é do 30%. Unha reapertura parcial que os hostaleiros consideran que é insuficiente.
Esta concentración serviu tamén para aplaudir o traballo que está a realizar o equipo “Rescate hostalería” coa súa peregrinación a Madrid.