O Concello de Pontevedra investirá 2,8 millóns de euros en reformar O Burgo

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra investirá 2,8 millóns de euros no plan de actuacións do Burgo. O edil Demetrio Gómez anunciou hoxe todas as obras que se levarán a cabo neste barrio. A principal, a reforma integral da rúa da Santiña.

O Parque Infantil Médico Ballina, o Centro Social do Burgo, a Avenida da Coruña, o mural en homenaxe á señora Lola e a traseira do pavillón municipal. Esas son as cinco actuacións que o Concello de Pontevedra rematou o ten en execución no barrio do Burgo. Cinco proxectos aos que agora se suman outros 6. Nas obras de tipo cirúrxico atópanse tres. A primeira, a rehabilitación da beirarrúa do Pavillón dos deportes, que se iniciará no primeiro terzo de 2021. A segunda, a rehabilitación da capa de rodadura na rúa do Cordón e na rúa da Santiña; e, por último, a creación de zonas de estancia e servizos na rúa do Médico Ballina.

No último apartado están as rehabilitacións integrais. A principal, a reforma integral da rúa da Santiña, que terá un orzamento de 1,5 millóns de euros.

Nas rehabilitacións integrais inclúese tamén o calmado de tráfico da rúa da Torre e a reforma do Parque de Pasarón. En definitiva, diferentes actuacións que o goberno local levará a cabo no Burgo, un dos barrios en máis auxe do Concello. O orzamento previsto de todas estas obras ascende a 2.850.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí