PONTEVEDRA> As rebaixas de xaneiro chegaron hoxe á capital da provincia con moita forza. E aínda que algúns establecementos xa adiantaran os seus descontos, centos de persoas achegáronse hoxe as tendas en busca das mellores ofertas.
7 de xaneiro, comezan oficialmente as Rebaixas. E como cada ano nesta primeira xornada, o ambiente nas rúas da cidade foi este. Bolsas, ofertas e colas no interior dos establecementos. Porque calquera escusa é válida para achegarse as tendas e facerse cos mellores descontos.
E aínda que son moitos os que aproveitan estas rebaixas para mercar algún capricho, outros deciden gardar a carteira e achegarse as tendas para cambiar, unicamente, os agasallos de Nadal.
Porque ante tanto desconto é fundamental planificar as compras e mercar tan só o que realmente se necesita.
A pesares de que o comercio online prexudica cada ano a estes establecementos, o certo é que seguen a ser moitos os que deciden achegarse as tendas nestas rebaixas e deixarse sorprender polo que hai no seu interior.