Mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música

PONTEVEDRA> O goberno municipal dará esta noite, no concerto de Rozalén, un avance importante de cara á inclusión das persoas xordas. O fará grazas a 5 mochilas vibratorias que foron cedidas polo Concello de Nigrán. Con elas, as persoas xordas poderán sentir, por primeira vez, a música.

Estas mochilas transforman o son en vibracións. Un sistema que permite sentir a música ás persoas xordas e que será utilizado esta noite durante o concerto de Rozalén.

O Concello de Nigrán foi o encargado de estrear estas mochilas a pasada semana durante o concerto de Chan de Folk. Este municipio inverteu nelas 7.000 euros e agora decidiu prestalas ao Concello de Pontevedra.

O Concello de Pontevedra analizará o resultado desta experiencia e estudará a posibilidade de mercar estas mochilas para o vindeiro ano.

Un paso máis de cara á inclusión das persoas con diversidade sensorial e unha iniciativa que permitirá, a lo menos esta noite, que as persoas xordas poidan desfrutar da música sentindo as vibracións do son.