Pontevedra> Todo listo para dar o pistoletazo de saída á segunda edición da Feira Etiqueta Negra. Unha cita que reunirá os días 28,29 e 30 deste mes a 67 produtores gourmet galegos. Os amentes da boa gastronomía teñen unha cita esta fin de semana no Recinto Feiral de Pontevedra en horario de 11:00 a 20:30 da tarde. Se a primeira edición foi un éxito esta non será para menos. Esta fin de semana comeza en Pontevedra a segunda edición da Feira Etiqueta Negra, unha cita co gourmet galego onde participarán 67 profesionais do mellor material da nosa terra. Durante os tres días de duración desta feira, 28,29 e 30 deste mes de outubro profesinais do sector, produtores e consumidores reuniranse nun mesmo espazo co fin non só de coñecer tendencias e establecer novos contactos comerciais, senon tamén de posicionar e difundir a excelencia dos produtos delicatessen galegos. Dende a Deputación tamén colaboran con este evento e estarán presentes potenciandos os tés galegos. Así que xa o saben esta fin de semana teñen unha cita co mellor da gastronomía da nosa terra, cos mellores produtos e os mellores profesionais. O 28,29 e 30 no Recinto Feiral de Pontevedra en horario de 11:00 a 20:30 agárdalles a segunda edición desta Etiqueta Negra.
Inicio PONTEVEDRA