Luis Rei anuncia a súa candidatura ás primarias de Marea Pontevedra

Pontevedra> O actual voceiro da Marea de Pontevedra anunciou esta mañá que se presentará as primarias do seu partido de cara ás eleccións do 2019. Luis Rei agarda que este proceso teña lugar a comezos do vindeiro ano. Rei considera que debería de ser el quen encabece a lista co fin de non deixar a medias o traballo iniciado no 2015. Luis Rei anunciou esta mañá en rolda de prensa que se presentará como candidato ás primarias do seu partido de cara ás eleccións do 2019. Unhas primarias que o actual voceiro da Marea de Pontevedra agarda que teñan lugar entre xaneiro e febreiro do vindeiro ano. Rei dixo que o importante e saber canto antes quen será o candidato e que xa despois do vindeiro verán, entre setembro e outubro se elixiría o resto da lista dos vindeiros comicios municipais. Luis Rei agarda ser el o candidato para poder continuar o proxecto que iniciou no 2015. O actual voceiro da Marea dixo que , de momento, non coñecer a ninguén do seu partido que se vaia a presentar a este proceso de primarias, pero que por iso el da este paso, para que a xente interesada se anime a facelo. Rei espera que Marea Pontevedra conte coa mellor lista para poder encabezar unha candidatura de progreso na cidade de Pontevedra.