OUTES> Os nacionalistas aluden a que levan presentado neste mandato unhas vinte propostas plenarias que foron aprobadas maioritariamente, pero que a día de hoxe seguen sen executarse.
Os nacionalistas fan referencia tamén ás continuas faltas de respecto por parte do grupo de goberno á oposición, excluíndoos dos actos públicos organizados polo Concello, e dificultando o seu traballo coma oposición.