Somos Ribadumia ve inadecuada a viaxe do alcalde coa Mancomunidade

    RIBADUMIA> Indicios dunha primeira crise de goberno no tripartito de Ribadumia, por mor da viaxe realizada pola Mancomunidade do Salnés a Francia para a súa promoción turística. Desde Somos Ribadumia, socios de goberno do alcalde independente David Castro, consideran que a asistencia deste á viaxe foi innecesaria e inadecuada. Esta mañá puidemos falar coas dúas partes implicadas na polémica. A viaxe que vén de realizar a Mancomunidade do Salnés a Francia para a promoción do turismo da comarca, e que hoxe valoraron moi positivamente desde a entidade, non foi visto mesmo xeito polos socios de goberno do alcalde de Ribadumia, un dos participantes na viaxe. Desde Somos Ribadumia consideran innecesaria e inadecuada a ausencia de David Castro do concello durante eses días, entre outras cousas, porque coincidiu cun pleno extraordinario onde se aprobou a liquidación da conta de 2016, e tamén, porque non informou do motivo ós seus socios de goberno. Esta mañá puidemos preguntarlle ó independente David Castro sobre esta crítica por parte dos seus socios de goberno. Foi precisamente nunha rolda de prensa da Mancomunidade sobre a promoción internacional da mesma e as viaxes que realiza. O alcalde ribadumiense respondeu que espera que sexa unha cuestión puntual e que desde Somos Ribadumia non entenderon o obxectivo da expedición. Outra das críticas de Somos Ribadumia a estas viaxes da Mancomunidade, é que éstas, pagadas con fondos públicos, son unha estratexia, segundo afirman, de Gonzalo Durán, presidente en funcións de Mancomunidade, para estreitar lazos con forzas políticas concretas. A esta cuestión responderon tamén ambos esta mañá. Desde Somos Ribadumia quixeron destacar que o tema da viaxe é unha cuestión máis que entorpece o bo traballo do equipo de goberno. Lembran ó rexedor que moitas das medidas incluídas no pacto de goberno acumulan demasiado retraso. A falta de comunicación entre os socios de goberno evidenciouse de novo esta mañá. Despois de que Castro anunciara que formará parte da delegación que parte mañá cara Nápoles, preguntándolle a Enrique Oubiña asegurounos que a él non lle constaba que o alcalde participara nesta nova viaxe de promoción.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí