‘A Vida é Movernos’ convídanos a traballar co corpo para beneficiar a mente coa técnica do ‘bodyfulness’

[

PONTEVEDRA> Nova proposta da Vida é Movernos, o programa co que o concello de Pontevedra anima á veciñanza a recuperar a actividade física. Trátase de dous novos obradoiros centrados na técnica do Bodyfulness, que nos ensina a traballar o corpo para beneficiar a mente.

Traballar o corpo para beneficiar a mente. Este é o obxectivo do Bodyfulness. Unha técnica que será a protagonista do novo obradoiro impulsado polo concello de Pontevedra no marco do programa A Vida é Movernos.

Haberá dúas sesión, previstas para os días 25 de setembro e 9 de outubro. Dirixiranse, segundo explicou a súa responsable, a preparar o corpo e a mente centrándose nas relacións.

Unha proposta da Vida é Movernos que quere animar aos pontevedreses a recuperar a actividade física e, ao mesmo tempo, axudalos a xestionar algúns dos sentimentos que xurdiron durante a pandemia.

Os obradoiros desenvolveranse entre as 11 da mañá e as 12 e media do mediodía e van dirixidos a persoas maiores de 16 anos. Hai un máximo de 12 prazas, e os interesados poden inscribirse no mail lia.breafolgar@gmail.com.